Artigo
Compromiso de conectividade
Unha rede invisible pero esencial
Nun mundo crecente e interconectado a xestión de infraestruturas críticas como a enerxía, a auga, o transporte ou os servizos de emerxencia, depende cada vez máis da robustez e intelixencia das redes de telecomunicacións.
En R e no grupo +O en Galicia traballamos para garantir que estas redes sexan o soporte invisible pero esencial dunha sociedade moderna, segura e sostible. A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2025 pon xustamente o foco no valor de xestionar infraestruturas trascendentais para que os servizos máis importantes na nosa vida cotiá funcionen ben e teñan capacidade de reacción ante imprevistos de calquera dimensión e índole.
Asistimos, ademais, a unha conxuntura clave, onde a tecnoloxía 5G, a intelixencia artificial, o cloud e a ciberseguridade están a transformar a maneira en que se lle prestan os servizos esenciais á poboación. Dende Galicia -dende R- intentamos contribuír a esta transformación con proxectos que combinan innovación, compromiso territorial e visión estratéxica.
Redes 5G en contornas críticas
Un exemplo paradigmático é a despregadura de redes privadas 5G en contornas críticas como portos, hospitais ou centros loxísticos. Estas infraestruturas permiten unha conectividade ultrarrápida, segura e adaptada ás necesidades de cada contexto.
No caso do Port de Barcelona, MasOrange puxo en marcha unha rede 5G SA –versión máis avanzada desta tecnoloxía- que permite a coordinación en tempo real de operacións marítimas, emerxencias e seguridade. Esta experiencia é replicable en Galicia, onde portos como o da Coruña, Vigo, Ferrol, Marín ou Vilagarcía de Arousa poden beneficiarse de solucións similares para responder a calquera crise ou situación límite cos sistemas de telecomunicacións máis avanzados.
Conectividade nunha orografía complexa
Outro eixo fundamental é a conectividade rural. Grazas ás dúas adxudicacións do programa UNICO 5G_Redes Activas dispoñemos de 70 millóns de euros ata finais de 2026 para levar 5G a zonas con baixa cobertura. Isto non só reduce a fenda dixital coa contorna rural galega; tamén permite que servizos decisivos e imprescindibles —a atención sanitaria, a educación ou a resposta ante incendios— cheguen con garantías a todo o territorio.
Deste xeito, 250 municipios de menos de 10.000 habitantes situaranse á vangarda en redes móbiles de última xeración. Cando se complete o plan, que implica a realización de traballos nunhas 1.000 estacións móbiles (100 delas de nova construción), preto do 100% da poboación de Galicia estará conectada coa tecnoloxía 5G.
Parellamente e ao fío deste alicerce da conectividade plena no rural, Ré o primeiro operador que lles dota dunha solución5Gconverxentefixoemóbila clientes/as sen fibra en Galicia en 224 municipios galegos a través do seu servizo ‘internet rural’ (mambo Axiña). Outro chanzo máis no desafío de borrar esa fenda levando as novas tecnoloxías ata o último recuncho da nosa xeografía. Sobre todo a zonas de acceso complicado para a solución óptima da fibra óptica de última xeración da que, por outra banda, dispoñen xa máis de 1,7 millóns de fogares nos 313 concellos galegos, practicamente todos eles con cobertura de alta velocidade.
Cidadesmáisintelixenteseresilientes
Unha infraestrutura dixital ben deseñada pode garantir a continuidade dos servizos esenciais e reforzar a seguridade cidadá, modelo perfectamente aplicable a cidades galegas que aspiran a ser máis intelixentes e resilientes. Por iso, en R tamén tomamos como referencia a recente selección do noso grupo, de MasOrange, para liderar o proxecto de modernización das telecomunicacións críticas do Concello de Madrid, integrando comunicacións unificadas, cloudseguro e ciberseguridade avanzada para máis de 25.000 empregados/as públicos/as.
Como director de Re de MasOrange en Galicia teño a honra de liderar un equipo que entende que a tecnoloxía non é un fin en si mesma senón un medio para mellorar a vida das persoas. Aí están a nosa rede de fibra óptica de última xeración presente en todos os municipios da comunidade, o móbil 4G/5G no 98/90% da poboación galega e os nosos centros de operacións e seguridade, que traballan 24/7 para garantir que cada chamada, cada sensor, cada alerta, funcione cando máis se precisa (e sobre todo, entón).
Situacións límite e capacidade de reacción
O que diferencia de verdade unha rede excepcional -e seica a fai “visible” tamén excepcionalmente- é a súa capacidade de reacción en situación extraordinarias, críticas ou ata impensables nos nosos días.
A pandemia do coronavirus puxo a proba as nosas infraestruturas de rede en 2020. E en abril deste mesmo ano o apagón xeral na Península Ibérica volveu converterse nun auténtico reto para R e para o resto de compañías de telecomunicacións. O consumo disparouse pola necesidade de comunicación das persoas en tales circunstancias; e cumpriu adaptar os plans de xeito progresivo, respondendo paso a paso á conxuntura única que se planteaba, coa dificultade adicional da mobilidade de medios.
Dende R e todo o grupo +O fixemos un esforzo máximo para levar enerxía aos lugares que quedaran sen aprovisionamento. O noso comité de crise reaccionou con toda a axilidade posible e activou os plans deseñados para continxencias críticas (mais nunca tan extremas coma esta) e todos os servizos de respaldo. De maneira paulatina foise recuperando a subministración eléctrica, poñendo en servizo as súas infraestruturas e devolvendo os equipos ao seu funcionamento habitual.
Algo tan insólito na actualidade como unha caída xeral da subministración de enerxía tal a que vivimos hai só uns meses desafiou a nosa capacidade de adaptación e resposta como nunca antes o fixera.
En mans da Enxeñaría: precisión e seguridade
Por todo isto, a xestión das redes require, como é obvio, extrema precisión, sincronización e seguridade, cuestións cruciais en mans de enxeñeiros e enxeñeiras de telecomunicación, profesionais que fan posible que sistemas como o aprovisionamento eléctrico, a distribución de auga ou a coordinación de emerxencias funcionen sen interrupcións. O seu labor é discreto pero vital.
En R e no grupo MasOrange apostamos por unha infraestrutura invisible, esencial e efectiva. Porque detrás dos servizos públicos e de candansúas operacións críticas hai unha rede que funciona con exactitude milimétrica. E facer desa rede a máxima garantía do funcionamento dos nosas servizos básicos é o compromiso máis importante que temos coa sociedade galega.
